Asumindo como propias as palabras de Juan Ramón Jiménez cando afirmaba que “Teatro infantil é aquel que tamén lle gusta aos nenos”, a Agrupaçom Cultural O FACHO acordou convocar o Concurso de Teatro Infantil 2022, que se rexerá polas seguintes bases:
- Poderán optar ao devandito premio calquera persoa, sen restrincións, sempre que a obra sexa inédita e redactada en lingua galega, -en calquera norma ortográfica (AGAL, PADROM, RAG)- non representadas, nin premiadas noutros certames.
- Estabelécese como premio único de 450€ e unha biblioteca de libros de teatro.
- A obra, que non poderá exceder os 80 fólios, será presentada por triplicado, en formato DIN A4, a dobre espazo e mecanografados por umha soa cara.
- Os orixinais para o Concurso enviáronse por correo á:
Caixa de Correos n.º 46, Taller Principal d’A Crunha.
Presentáronse so un lema, que figurará na portada dos textos enviados, e viran acompañados dun envelope pechado que conteña no exterior o lema da obra e, no interior, o nome, apelidos, correo eletronico e teléfono do autor ou autora. - O prazo de admissom de orixinais finda o día 15 de Abril do 2022 ás doce da noite. O fallo do premio fará-se público o mes de Maio.
- Os gañadores serám elixidos por un xurado nomeado pola Associaçom Cultural O FACHO. O mesmo está composto por persoas de recoñecido prestigio no ámbito teatral galego.
- O xurado poderá declarar deserto o premio do concurso e será o que deberá resolver aquelas situaçons que se presenten e que nom esteiam contempladas nestas bases, así como as dúbidas que podam existir na súa interpretación.
- A participaçom neste Certame implica asumir as bases do mesmo.
- Os orixinais nom premiados poderám ser retirados, no prazo de 30 días, previo correo dirixido ao enderezo postal da Agrupaçom. No caso de que o autor o autora nom resida na Coruña poderá solicitar que lle sexan enviados por correo postal.
Esta convocatória entrará en vigor ao día seguinte da súa publicaçom nos medios.
Agrupación Cultural O Facho
A Coruña, 12 de Xaneiro de 2022