“A galiña azul” – Carlos Casares

“A galiña azul”, foi o conto co que o seu autor, Carlos Casares Mouriño, ganou o premio na primeira edición do Concurso de Contos infantís O Facho. Foi premiado no ano 1968 e publicado neste mesmo ano sendo un éxito sen precedentes para o público miudo.

Baixo un formato de carta, para unha nena chamada Ana, e para que non esquenza o sitio onde naceu e a súa lingua, cóntanse cinco historias. Todas teñen sentido por si mesma, pero todas xuntas recrean un mundo de fantasía e cor que porta unha mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza.

Así o Leoncio é o inventor dunha linguaxe, o “papapio” e máis dunha bomba da felicidade, que cando estoura fai aparecer vinte bandas de música e lambetadas variadas, a xente sente unha gran felicidade. Temos tamén unha formiga moi loitadora e mais un peixe  de cores, que según o Leoncio morreu ao sair da agua para dar de beber a un paxaro que chegóu tan canso que caíu desmaiado antes de chegar á fonte.

E que dicir da galiña azul, coas súas cinco plumas vermellas na súa á dereita,  propiedade de Lorenzo, tan singular que pon ovos de cores cun cocorocó en lugar du un cacaracá. É unha galiña tan especial que ata preocupa ás autoridades que pretenden desfacerse dela por non ser unha galiña como é debido.

Carlos Casares conseguiu con este libro abrir un gran espazo na literatura infantil galega para goce de grandes e pequenos.

O Facho segue a celebrar este concurso de contos cada ano tentando manter o interes por crear espazos en galego para os máis pequenos.