A Agrupación Cultural O Facho e Medulia Editorial presentan a obra gañadora do Concurso de Poesía O Facho 2023 cuxo autor é o lucense-venezolano Simón Rodríguez Landaeta.
A presentación celebraras ás 8 h do serán no local da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia – Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa
Simón Rodríguez chegou a Lugo hai uns anos grazas as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para estudantes descendentes de galegos co obxectivo de realizar o Mestrado en Servizos Culturais do Campus Terra USC.
“O xurado valorou a súa transparencia e interese pola comunicación, a temática do retornado con isotopías que desenvolve á maneira de crebacabezas, non exentas de pinceladas impresionistas con recendos ecolóxicos, baseadas na tradición, nos valores dos antergos e resoltas con fermosas imaxes.”
O xurado estivo composto por:
Xulio L. Valcárcel
Fernando Díaz-Castroverde
Henrique Sánchez
Agardamos contar contigo para enriquecer este encontro coa túa presenza.
