O vivido en 2025 e o que xa estamos a construír para 2026 O 2025 foi para nós un ano de encontros, reflexión e creación. Ao longo destes meses compartimos palestras sobre cultura, muller e temas de interese común, incluíndo cuestións que nos preocupan especialmente, como o proxecto de ALTRI […]
Arquivos mensuais: Decembro 2025
O pasado 17 de decembro, na rúa Rego de Auga da Coruña, Galiza Cultura e Vía Galega —entidades das que O Facho forma parte— xunto co Coro Cantigas da Terra, renderon homenaxe ao Himno Galego no seu 118 aniversario. O acto serviu, un ano máis, para reclamar á Xunta de […]
O pasado, 9 de decembro, Portas Ártabras converteuse nun escenario da memoria teatral coruñesa coa presentación do libro Tespis e o contexto teatral coruñés, de Francisco Otis Ríos, dentro das palestras do Facho. O que se viviu foi unha conversa viva, máis próxima a unha charla de café ca a […]
Neste tempo de Nadal, desde o Facho queremos desexar boas festas compartindo unha imaxe que non pide ruído nin celebración fácil, senón atención. Un cadro de Isaac Díaz Pardo que nos propón mirar cara a fóra non como quen se evade, senón como quen se fai cargo do que hai: […]
O pasado 16 de decembro celebrouse en Portas Ártabras a última palestra do Facho do ano 2025, a cargo de Alexandre Peres Vigo, baixo o título Galaicofobia: ou desprezo contra o pobo galego até os nosos días. Na súa intervención, Alexandre explicou que a galaicofobia é un fenómeno fondamente político, […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025. O vindeiro día 9 de decembro o delineante, técnico en xestión teatral, debuxante e humorista gráfico Francisco Oti Rios, Paco Oti, impartirá unha palestra co título: “Tespis, o contexto teatral coruñés”, título do seu libro que tamén […]
*Imaxe principal do artigo: Xulio Gil O pasado 20 de novembro, na sede Portas Ártabras, O Facho rendeu unha homenaxe cálida, emotiva e necesaria a Manuel Lourenzo. Non era un acto máis: era unha declaración de gratitude colectiva a unha traxectoria fundacional no noso teatro contemporáneo. Actor, dramaturgo, mestre e […]