Palestra teatral

Desde a Agrupación Cultural O Facho  comunicámosvos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025.

O vindeiro día 9 de decembro o delineante, técnico en xestión teatral, debuxante e humorista gráfico Francisco Oti Rios, Paco Oti, impartirá unha palestra co título: 

“Tespis, o contexto teatral coruñés”, título do seu libro que tamén presentará no acto.

Data: 9 de decembro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar:  Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa

O vindeiro día 9 celebraremos un acto moi especial no que contaremos coa presenza de Francisco Oti Ríos (Cabanas, 1954), unha das figuras fundamentais do teatro galego contemporáneo. Profesional versátil —produción, iluminación, dramaturxia e investigación—, dedicou boa parte da súa traxectoria a recompilar e ordenar a memoria escénica de Galicia, reconstruíndo historias de grupos e protagonistas que marcaron época.

Membro fundador do Grupo Teatro Círculo de Perlío (1974), formouse con referentes de prestixio e impartiu numerosos cursos por toda Galicia. No ámbito da xestión cultural desempeñou un papel destacado como vicepresidente do Ateneo Ferrolán, experto de programación teatral da Xunta e xefe de produción do Centro Dramático Galego, participando en 34 montaxes ao longo de 13 anos.

Neste acto terá lugar ademais a presentación do libro Tespis tamén intervirán Miguel Pernas, Xosé Manuel Rabón e Santiago Fernández, voces imprescindibles para entender a evolución e o compromiso do teatro independente galego, como o histórico grupo Tespis, nado nos anos 60 en pleno contexto de resistencia cultural.

Un encontro único para achegarse á historia viva do noso teatro. ¡Agardámoste!