Palestra: “Galaicofobia: o desprezo contra o pobo galego” Alexandre Peres Vigo

Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025.

O vindeiro día 16 de decembro o profesor e investigador Alexandre Peres Vigo impartirá unha palestra co título: “Galaicofobia: o desprezo contra o pobo galego”

Data: 16 de decembro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar:  Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa

Alexandre Peres Vigo (Trasancos, 1982) é filólogo, historiador e investigador especializado na análise histórica e cultural das representacións negativas sobre Galiza e a identidade galega. Licenciado en Humanidades e doutor en Filoloxía Galega e Portuguesa pola Universidade da Coruña, colabora co grupo de investigación ILLA e compaxina a docencia coa investigación en sociolingüística histórica, literatura peninsular e o estudo crítico do estereotipo antigalego.

É autor de Galaicofobia: o desprezo contra o pobo galego até os nosos días (2024), un ensaio que percorre a evolución das actitudes antigalegas desde a Idade Media até hoxe. Publicou tamén Do ódio à paródia: o estereótipo antigalego na literatura espanhola do século XVII (2023) e Pedro Pardo de Cela: vida, morte e memoria dun nobre galego (2023). Ademais, participou en obras colectivas como Estudos actuais de lingüística galego-portuguesa (2019), Personaxes da Galiza medieval II (2023/2024), Os reis e as raíñas da Galiza: 1000 anos dun reino de seu (2024) e Abrindo rutas, expandindo camiños (2024).