O 17 de xuño, o Circo de Artesáns da Coruña acolleu unha emotiva homenaxe a José María Monterroso Devesa, organizada por amigos e entidades culturais como Alexandre Bóveda, O Facho, a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia e o propio Circo. Nun ambiente próximo e cun salón cheo, Pura […]
Autor: O equipo do Facho.com
O vindeiro martes 17 de xuño, ás 19.30 h, o local do Circo de Artesáns acollerá un acto de homenaxe a José-María Monterroso Devesa, organizado por amizades persoais e diversas entidades culturais da cidade: A.C. Alexandre Bóveda, Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, Circo de Artesáns e A.C. O […]
A seguir detállase polo miúdo a resolución do concurso anual de contos da Agrupación Cultural O Facho: Premios da Categoría A(Nenos e nenas dende 9 ata 12 anos): 1º PREMIO Título: O tradutor máxicoAutora: Adriano González LeiraCentro: IES Rosalía de Castro (Compostela) 2º PREMIO Título: Trofeo prexudicialAutora: Ana López CanosaCentro: IES […]
O pasado 27 de maio, O Facho organizou unha palestra a cargo de Francisco Ascón Belver, animador sociocultural, activista e escritor, co título: “A Coruña, 1901: un retrato a chumbo e sangue”. O acto celebrouse, como é costume, no Espazo Cultural Portas Ártabras —sito na rúa Sinagoga nº 22, baixo, […]
A seguir detállase polo miúdo a resolución dos concursos anuais de poesía e teatro da Agrupación Cultural O Facho: Concurso de Teatro Infantil O Facho 2025 Obra gañadora: Iceberg Autor: Carlos Labraña O xurado, composto por Manuel Lourenzo Pérez, Carmen Martínez Mosquera e Diana Varela Puñal, valorou a limpeza e […]
Este 17 de maio celébrase un Día das Letras Galegas moi especial: dedicado á lírica popular e ás cantareiras, esas mulleres que transmitiron de xeración en xeración un dos tesouros máis valiosos da nosa cultura. A idea, tan necesaria como fermosa, foi desenvolvida por Antón Santamarina, membro da Real Academia […]
O pasado 13 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas 2025, O Facho organizou unha palestra pública a cargo do profesor e investigador da música tradicional galega Manuel Rico Verea, baixo o título: Día das letras galegas 2025: A historiografía dos cancioneiros de música tradicional de Galicia O […]
O Facho conmemorou o Día das Letras Galegas 2025 con dous actos culturais abertos á cidadanía. O primeiro tivo lugar o pasado sábado, 10 de maio, ás 11 da mañá, diante do Monumento a Curros Enríquez, situado no Xardín de Méndez Núñez da Coruña. Alí realízouse unha ofrenda floral en […]
Agrupación Cultural O Facho participou o pasado 26 de abril no acto público celebrado en Carral, ante o monumento “Aos Mártirs dá Liberdade”, con motivo do 179º aniversario dos fusilamentos dos doce militares que, en 1846, subleváronse en distintos puntos de Galicia contra o goberno do presidente Narváez e foron […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras Públicas do segundo trimestre de 2025. O escritor Rafael Lema Mouzo impartirá unha palestra co título: Costa da Morte, un país de soños e naufraxios Data: O vindeiro 6 de maio, martes Hora: ás 8 do serán […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2025. O vindeiro día 22 de abril, o historiador Carlos Pereira Martínez impartirá unha palestra co título: Luces da heterodoxia: mulleres espiritistas e teósofas en Galicia (1875-1936) Data: 22 de abril, martes Hora: ás 8 […]
Nunha conferencia pausada e perfectamente sincronizada, os arquitectos e profesores Henrique Seoane Prado e Ángeles Santos Vázquez guiáronnos pola paisaxe hídrica de Galicia, destacando a importancia da auga na configuración do territorio e os asentamentos humanos. Desde o inicio, os relatores lembraron ao seu mestre Manuel Gallego Jorreto, quen xa […]
No ano en que se conmemoraron os 25 anos do falecemento de Castelao, O Facho levou a cabo unha serie de actividades para honrar o seu legado e manter viva a súa memoria. Ao longo de todo o ano organizáronse conferencias, mesas redondas, exposición de gravados e unha Mostra de […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras Públicas do primeiro trimestre de 2025. Data: 25 de marzo, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa Palestra dos arquitectos e profesores […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras Públicas do primeiro trimestre de 2025. A profesora e escritora Celia M. Armas García impartirá unha palestra co título: Rosalía de Castro e as escritoras na Galiza do SXIX Data: 18 de marzo, martes Hora: ás 8 do serán […]
Recuperados en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO enos que participaron ou gañaron moitos dos escritores e escritoras que hoxe fan posíbel con a súaobra unha literatura galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, realizase aconvocatoria para 2025 do Concurso Literario […]
Neste data de celebración, 8M Día da Muller, é importante lembrar que esta conmemoración ten unha longa historia, con raíces no século XIX, como foi a folga levado a cabo polas cigarreras da Real Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857. O ano 1975 foi tamén un ano significativo para […]
O 25 de outubro de 1919, na Coruña, Alfonso D. Rodríguez Castelao impartiu unha conferencia titulada “Arte e galeguismo” no Círculo de Artesáns, convidado pola Irmandades da Fala. Fíxoo en galego e comezou con estas palabras: “Cumprindo un deber de outo patriotismo, ou mellor dito aínda, dun matriotismo que aceso […]
Manuel María escribiu que “recibimos a lingua en usufruto e temos a obriga de conservala e mellorala se queremos seguir chamándonos galegas e galegos”. A plataforma Queremos Galego, apoiada por máis de 600 colectivos, convoca unha marcha o Día de Rosalía para esixir medidas urxentes en defensa do galego. A […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración deste acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025. A escritora e académica Marilar Aleixandre impartirá unha palestra co título: “Concha Arenal: a muller afouta“ Data: 25 de febreiro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga […]