Con motivo do Día de Defuntos, o vindeiro sábado 31 de outubro, ás 19.30 h, terá lugar no Auditorio do Centro Sociocultural Ágora a representación teatral de Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, obra de Alfonso Rodríguez Castelao. Trátase dunha adaptación teatral dirixida por Lucho Penabade e organizada pola […]
Arquivos mensuais: Outubro 2026
Hai unha Galicia que non cabe nos mapas habituais. Unha Galicia que cruzou o océano, que botou raíces lonxe da casa e que, malia a distancia, nunca deixou de tecer vínculos coa terra de orixe. A esa historia, feita de partidas, esperanzas, exilios e novas vidas, dedícalle Arturo Lezcano o […]
O pasamento de Xosé Manuel Beiras Torrado, o pasado 8 de outubro, conmoveu profundamente os distintos ámbitos da sociedade galega. A Agrupación Cultural O Facho, como parte integrante desa sociedade, non podía quedar á marxe desta conmoción. A xenerosidade coa que Xosé Manuel Beiras participou e colaborou con O Facho […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2026. O vindeiro 13 de outubro, martes, o xornalista e escritor galego, Arturo Lezcano, pronunciará unha palestra co título: “A construción da Galicia transatlántica, un país invisible” Data: 13 de outubro […]