Con motivo do Día de Defuntos, o vindeiro sábado 31 de outubro, ás 19.30 h, terá lugar no Auditorio do Centro Sociocultural Ágora a representación teatral de Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, obra de Alfonso Rodríguez Castelao.
Trátase dunha adaptación teatral dirixida por Lucho Penabade e organizada pola Fundación Galicia Cultura, da que forma parte O Facho.
Datos do acto
- Data: sábado 31 de outubro.
- Hora: 19.30 h.
- Lugar: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora.
Ao remate da representación, a Federación Galiza Cultura convidará todas as persoas asistentes a un magosto no campo da chave, unha actividade posible grazas á colaboración da Asociación Os Mariñeiros.
Animádevos a asistir e compartide a convocatoria coas vosas amizades!
Non é preciso reservar.
Agrupación Cultural O Facho