Actuación musical dos compoñentes do grupo A Quenlla Paloma Suanzes, Leire Barbadillo, Manuel Dopico e Baldomero Iglesias (Mero)

Desde a Agrupación Cultural O Facho  comunicámosvos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2026.

O vindeiro dia 14 de abril terá lugar unha actuación musical dos compoñentes do grupo A Quenlla Paloma Suanzes, Leire Barbadillo, Manuel Dopico e Baldomero Iglesias (Mero)

Data: 14 de abril, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña.  Ver mapa

Actuación de catro compoñentes de A Quenlla –Paloma Suanzes, Leire Barbadillo, Manuel Dopico e Baldomero Iglesias Dobarrio, coñecido artisticamente como Mero, profesor, cantante e escritor galego– para dar entidade ao tema da importancia da nosa música no relato da identidade, de calquera identidade, pero neste caso concreto e particular, da nosa.

Desde a música tradicional á música de autor: Farémolo no exercicio de pezas que configuran a conciencia dun todo cultural, de nación que abre horizontes e dá luces a unha xeografía propia, máis humana e en propiedade. Todo iso relatado desde cantigas de poetas de limpo verso e de pezas populares, mesmo históricas e de amor, clarificadoras e cheas da lírica emoción e do sentimento que nos move.A.C. O Facho