Día das Letras Galegas - 60 anos

60 anos do Día das Letras Galegas. O Facho 1963-2023

Na primavera de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron, mediante un escrito, a Real Academia Galega a celebración do Día das Letras Galegas. Nese mesmo ano en decembro nace Agrupació Cultural O Facho.

O Facho celebrou esta festividade desde os seus primeiros tempos ata hoxe e fíxoo de todas as formas posibles que tiña ao seu alcance, segun cada momento, sempre tentando darlle a importancia e transcendencia que ten o Día, como se di no escrito presentado polos tres academicos “O día 17 de maio de cada ano viría ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade inteleitual galega

Así os primeiros anos saíu a vender libros cun posto ao aire libre no Cantón. Fixo programas de man recollendo a escrita das persoas a quen estaba dedicado a festa, nos actos de clausura  das clases de galego, que se celebraban no Instituto Eusebio dá Guarda, con gran éxito de público, servía tamén  para conmemorar  e falar da persoa a que selle dedicaba ese ano o Día das Letras. Por suposto conferencias, representacións de teatro, actos públicos con lectura de poemas diante da estatua de Curros e todo tipo de actividades que en cada momento tiña e ten a ben realizar como agrupación cultural.

Programas de man do fondo cultural O Facho no arquivo da RAG

Clic na imaxe para ampliar

17 de maio de 1966 – Francisco Añón

.

17 de maio de 1967 – Curros Enríquez

17 de maio de 1969 – Noriega Varela

17 de maio de 1976 – Ramón Cabanillas

17 de maio de 1977 – Antón Vilar Ponte

17 de maio 1991 – Álvaro Cunqueiro

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *