Premios literarios O Facho 2023

Premios Literarios da Agrupación Cultural O Facho 2023

Compartimos convosco a resolución dos concursos anuais da Agrupación Cultural O Facho:

ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS DOS CONCURSOS LITERARIOS:

26 DE MAIO – 19:00 h – PORTAS ÁRTABRAS. VER MAPA

Concurso de Contos de nenos para nenos O Facho 2023:

  • Premios da Categoría A. (Nenos e nenas dende 9 ata 12 anos):

1º Premio.

Título: “O caso Antón”
Autora: Carolina Pazos Alonso
Centro: CEIP Plurilingüe de Quintela (Redondela)

2º Premio.

Título: “Ondina e o arrecife da morte púrpura”
Autora: Irene Darriba Rodríguez
Centro: Colexio C.E.I.P. A.D.R. Castelao (Ordes)

  • Premios da Categoría B. (Rapaces e rapazas dende 13 ata 16 anos):
  • Deserto

Concurso de Teatro Infantil O Facho 2023


Obra gañadora: Están chovendo flores.
Autor: Lionel Rexes

O xurado valorou na peza teatral a adecuación ao público ao que vai dirixida, a sinxeleza da
proposta nunha constructio acaída, a calidade da lingua empregada, o tratamento dos espazos
naturais e o xogo humorístico, entre outros.

Lionel Rexes, licenciado en Maxisterio, é un escritor galego nado en París. Reside en Alfoz.
Impulsor da bitácora Vasoiras da Xibarda.

Obra publicada: A raíña das velutinas (Xerais, 2017) e A montaña do poeta (Xerais, 2022).

Obtivo o Premio de novela curta Manuel Loureiro Rey en 2016 e 2021, entre outros.


Concurso de Poesía O Facho 2023

Obra gañadora: A outra patria.
Autor: Simón Rodríguez Landaeta

O xurado valorou a súa transparencia e interese pola comunicación, a temática do retornado
con isotopías que desenvolve á maneira de puzzle, non exentas de pinceladas impresionistas
con recendos ecolóxicos, baseadas na tradición, nos valores dos antergos e resoltas con
fermosas imaxes.

Simón Rodríguez Landaeta é xestor cultural, escritor e informador turístico na cidade de Lugo,
na que presta servizos turístico-culturais para a Oficina de Turismo e a Rede Museística
Municipal.

DESCARGAR RESOLUCIÓN COMO ARQUIVO PDF

Noraboa a todos os premiados nestes certames.