O 25 de novembro, en Portas Ártabras, o biólogo Cosme D. Romay expuxo a grave expansión do eucalipto en Galicia, amosando con datos e mapas como esta especie xa ocupa amplas zonas do país, incluída a Rede Natura 2000. Analizou as chamadas moratorias-trampa ás novas plantacións e explicou por que […]
Arquivos mensuais: Novembro 2025
O pasado 14 de novembro O Facho participou no acto de Vía Galega no Parrote, unha iniciativa para achegar os nosos símbolos nacionais —o himno e a bandeira— e reforzar a conciencia e a autoestima colectivas. A data escolleuse para lembrar a I Asemblea Nacionalista Galega, celebrada polas Irmandades da […]
Agrupación Cultural O Facho rende homenaxe a Manuel Lourenzo, figura esencial do noso teatro e creador, xunto con Francisco Pillado, do Grupo de Teatro O Facho en 1965, iniciativa considerada o inicio do teatro independente en Galicia. Ademais, participou activamente na vida cultural da entidade como xurado dos premios do […]
Na última palestra organizada pola nosa Agrupación Cultural, José María Monterroso presentou “Apelidos galego-portugueses no mundo”, unha exposición sobre a presenza e a pegada dos apelidos de orixe galego-portuguesa en diferentes países, especialmente en América. Ao longo da charla mostrouse como apelidos moi coñecidos en Galiza e no norte de […]
O pasado venres 31 de outubro, o Auditorio do Centro Sociocultural Ágora acolleu unha lectura pública teatralizada da obra de Alfonso Rodríguez Castelao, Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, organizada pola Federación Galiza Cultura, da cal O Facho forma parte. O acto contou co apoio da Área de Cultura […]