Na última palestra organizada pola nosa Agrupación Cultural, José María Monterroso presentou “Apelidos galego-portugueses no mundo”, unha exposición sobre a presenza e a pegada dos apelidos de orixe galego-portuguesa en diferentes países, especialmente en América.
Ao longo da charla mostrouse como apelidos moi coñecidos en Galiza e no norte de Portugal —como Varela, Andrade, Rivadavia, Caldas, Vilariño ou Caamaño— aparecen ligados a figuras destacadas da historia latinoamericana: políticos, militares, escritores e pensadores que compartiron unha mesma raíz cultural.
O relatorio puxo tamén de manifesto a unidade histórica e lingüística entre Galiza e Portugal, lembrando que “canto máis se ofrece Galiza, tanto máis se engrandece”, como se recollía no colofón da presentación.
Agradecemos a José María Monterroso a súa participación e a todas as persoas asistentes o seu interese pola nosa cultura común.
Podes consultar a presentación completa premendo neste ligazón.


