Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

Día das Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, unha exaltación e promoción da literatura galega. A primeira vez que se celebra o 17 de maio como día das Letras Galegas é no ano 1963, como conmemoración do centenario da publicación de Cantares Galegos de Rosalía de Castro e dedicase a ela ese primer ano.

Son múltiples e variados os actos que se celebran no noso país, e no estranxeiro, para homenaxear á figura que cada ano é elixida pola RAG. Deste xeito, cada 17 de maio, son moitos os actos organizados non só desde a Academia, senón tamén desde os concellos, os centros de ensino e outras entidades ou agrupacións civís que participan, en conxunto, no labor de coñecer, honrar e difundir a memoria e a obra da persoa homenaxeada. 

Este ano o día está dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, que nace,en 1903 en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) e remata a súa vida Fair Oaks (California) 1987.

Florencio foi un republicano, escritor e avogado vinculado ao partido Galeguista e ás Irmandades da Fala. Na guerra civil tivo que fuxir de Valdeorras e no 1938 consigue chegar á Barcelona republicana. Rematada a guerra exíliase a México no barco Ipanema. 

Foi un poeta comprometido coa súa lingua, un representante destacado do activismo cultural galego, participando na fundación e redacción das revistas Vieiros e Saudade, no exilio e un fío condutor entre a Galicia exiliada en México e a Galicia interior. 

No limiar de Cantarenas José Gayoso Diaz fai unhas consideración sobre a poesia de Gurriarán según distintas persoas das nosas letras:

Pertence Florencio, según Carballo Calero, aos novencentistas, entendendo por tales aos nados ao redor de mil novecentos, e non aos que se manifestaron por esa data, que teñen superado o modernismo e por Mestres aos da xeneración << Nós>>

 En palabras de Xesús Alonso Montero: «Florencio Delgado Gurriarán foi un home fiel ao idioma galego» e como tal, desde O Facho animámosvos hoxe a achegarvos á súa obra. Para nós un bo principio pode ser o poema “Ruada”, do que Anxo Rei fai unha adaptación musical neste vídeo publicado pola Real Academia Galega.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *