Nova web Agrupación Cultural O Facho

Estreamos nova páxina web!

Dende a Agrupación Cultural O Facho poñemos en marcha esta nova web, que pretende converterse nunha ferramenta para achegarnos ainda máis a vos. Queremos que sexa un canal de ida e volta, que sirva para faceros partícipes de todas as actividades que andamos a organizar, pero tamén para escoitar as vosas propostas ou ideas sobre calquer tema que consideiredes que ten interese cultural dentro da comunidade galega.

Agardamos que vos sexa de axuda o contido que tedes neste espazo, e para os que xa nos seguíades dende hai tempo, deixámosvos a ligazón aos artigos do antiguo sitio (2007-2022):

Agrupaçom Cultural O Facho (agal-gz.org)

¡Benvidas e benvidos!

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *