Luisa Villalta. Día das Letras 2024

A Palabra como Testemuña: Celebrando a Luísa Villalta neste Día das Letras 2024

Neste Día das Letras Galegas, celebramos e honramos unha figura excepcional: Luísa Villalta. O pasado mércores, 6 de marzo, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, á que pertence a nosa Agrupación Cultural O Facho, organizou un emotivo acto no Teatro Rosalía de Castro para render homenaxe e celebrar a vida e obra desta destacada escritora.

Denominado “Inaugurar o Tempo da Xustiza: Celebrando a Luísa Villalta“, este evento coincidiu co vinte aniversario do seu falecemento. A iniciativa non só destacou a diversidade creativa de Villalta como poeta, dramaturga, ensaísta e violinista, senón tamén o seu profundo compromiso social e político.

As palabras de Luísa Villalta continúan resonando con forza hoxe en día. Como ela mesma escribiu no seu artigo “Quen terma de quen” no Libro das Colunas: “O noso país é vello e non o damos posto de pé. Pero acontece que por veces algúns dos nosos, que nos precederon na orde cornolóxica, que nos deron e cederon portanto algunha orientación para o camiño, que nos deixaron a testemuña aínda vigorosa da súa palabra, son quen de reducir paradoxalmente o peso dese lastre e de facer, se non máis fácil, cando menos máis factíbel o noso progreso como pobo.”

É un recordatorio poderoso da importancia de honrar a nosa historia e os que nos precederon, así como de seguir os seus exemplos na loita por un futuro mellor para Galicia e para o noso pobo.