Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras Públicas do segundo trimestre de 2025.
O escritor Rafael Lema Mouzo impartirá unha palestra co título:
Costa da Morte, un país de soños e naufraxios
Data: O vindeiro 6 de maio, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa
A lenda negra dos naufragadores de barcos acompaña ao exitoso topónimo Costa da Morte. O autor tratou da lenda negra en varios libros, na charla se tratará sobre a casuística e as anécdotas no campo dos sinistros no mar. A costa galega é o tramo marítimo con mais naufraxios documentados do Atlántico e do mundo, coa Costa da Morte como epicentro e de aí o levado número de accidentes. As causas dos sinistros son varias e ningunha ten que ver cos naufraxios provocados. Nin nas costas galegas nin na Costa da Morte existiu xamais unha trama organizada para o naufraxio e saqueo de barcos. Non hai un só caso documentado de naufraxio provocado desde terra polos nosos antepasados. Non confundamos a rapina de bens aparecidos na praia tras un sinistro (raqueo), con provocar co acto de causar o mesmo para a pillaxe (naufragador).
Rafael Lema Mouzo (Ponte do Porto – A Coruña) é escritor, comunicador e empresario. A súa obra foi traducida ao francés e italiano. Autor de 23 libros individuais e 17 colectivos. Entre eles tres obras sobre a crónica marítima coruñesa (Costa da Morte-Sueños y Naufragios ; Costa da Morte-Crónica Marítima; Catálogo de Naufragios-Costa da Morte-Galicia).
Foi premiado nos certames de poesía Espiral Maior, Ardeiro, Concello de Carral e accésit do Premio Esquío. Finalista do premio Martín Sarmiento de novela xuvenil, premio Santa Bárbara de comunicación da cámara mineira de Galicia, premio iberoamericano de investigación Premio Cacique Orinoco por un traballo sobre a frota de Martin Padilla de 1596.