A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña convídavos a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do primeiro trimestre 2022-2023.
Palestras:
Data | Conferenciante | Título |
15 de novembro de 2022 | Nemesio Barxa Àlvarez | “A titularidade veciñal dos montes: Importancia da sua defensa e diferenzas legais coa titularidade privada” |
22 de novembro de 2022 | Marcelino Fernández Mallo | “Recuperarmos hoxe a terra para termos un mañá” |
13 de decembro de 2022 | Isabel Vilalba Seivane | “Presente e futuro do medio rural” |
Todas as palestras se celebrarán ás 8 h do serán no local da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia – Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña
Tense dito que o medio rural é, se cadra, o elemento común que mellor identifica xunto co idioma ao ser galego. Sen embargo, en paralelo ao desenvolvemento económico, pasamos de ser un país eminentemente agrario a concentrar nas áreas urbanas e periurbanas a maior parte da poboación e da actividade económica, sufrindo o medio rural no seu conxunto un fondo e vertixinoso proceso de cambio que aínda continúa.
O agro galego busca o seu futuro.
Con enormes eivas e problemas, o sector agrario atópase nunha encrucillada que debe ser resolta mediante a aplicación de políticas valentes e acaídas, en particular polos poderes públicos. O ciclo de palestras da agrupación sociocultural O Facho denominadas “Terra e Futuro” tentan debullar polo miúdo esta cuestión, analizando a situación actual e indicando as liñas de actuación inmediatas, sendo impartidas por persoas que, desde diferentes perspectivas, teñen en común o amor ao país e un fondo coñecemento do sector agrario galego.