Palestra terra e futuro, Nemesio Barxa

Palestra – “A titularidade veciñal dos montes: Importancia da sua defensa e diferenzas legais coa titularidade privada”

En novembro dentro do ciclo “Terra e futuro” Nemesio Barxa Álvarez, coa súa conferencia:

“A titularidade veciñal dous montes: Importancia dá sua defensa e diferenzas legais coa titularidade privada”, levounos dunha maneira tranquila e sosegada por uns camiños intrincados histórica e socialmente.

 O monte en mancomún é de titularidade colectiva e pertence aos veciños dunha parroquia ou dun ou varios lugares; é decir, ás persoas que viñeron realizando un aproveitamento do mesmo.  É unha forma de propiedade que logrou sobrevivir á organización municipal do século XIX e ao fenómeno desamortizador. Esta forma de propiedade tan nosa, restos do dereito xermánico, son bens indivisibles, inalienables, imprescriptibles e inembargables, que non están suxeitos a ningunha contribución de base territorial nin á cuota empresarial da Seguridade Social.

A loita histórica dos vecinos pola defensa destes bens, volve a estar de actualidade ante o interés de grandes empresas privadas, non so polo valor da madeira, se non polos cobros como sumidoiros de CO2 e otros servizos ecosistémicos, como a auga, ainda non remunerados.

En contra do que se poida pensar, seguen tendo un valor para as comunidades rurais na actualidad por ser un modelo de xestión do territorio e das necesidades dos veciños “descentralizado” que podería ser exemplar para abordar os problemas, socias, económicos e ambientais que temos na actualidade, e non quedarnos só, no uso agrario que tivo tradicionalmente.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *