O Facho conmemorou o Día das Letras Galegas 2025 con dous actos culturais abertos á cidadanía.
O primeiro tivo lugar o pasado sábado, 10 de maio, ás 11 da mañá, diante do Monumento a Curros Enríquez, situado no Xardín de Méndez Núñez da Coruña. Alí realízouse unha ofrenda floral en lembranza de todas aquelas persoas que fixeron da cultura unha ferramenta para construír a liberdade do pobo galego. Durante o acto, algunhas das persoas asistentes leron poemas de Cantares galegos, de Rosalía; Curiosa é a persistencia do óso, de Óscar Hahn; Verde, do poemario A outra patria, Premio de Poesía O Facho 2023, de Simón Rodríguez. Cantouse tamén o poema de Curros, Ten a sirea o canto.
O segundo acto celébrose o martes 13 de maio, ás 8 do serán, en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – Cidade Vella, A Coruña). Nesa ocasión cunha palestra do musicólogo Manuel Rico Verea, titulada “A historiografía dos cancioneiros de música tradicional de Galicia”.
Animámosvos a participar e compartir con nós estes momentos de memoria e compromiso coa nosa lingua e cultura.




