Pechamos o ano 2024, no que o Día das Letras estivo dedicado a Luísa Villalta, felices de poder organizar tantos eventos e conferencias da man de persoas extraordinarias que nos axudaron a reafirmar o noso compromiso colectivo coa riqueza e o futuro da nosa identidade. Un dos momentos máis especiais […]
Arquivos mensuais: Decembro 2024
O equipo de ofacho.com deséxavos unhas boas festas e aproveita para convidarvos a botar unha ollada á nosa historia. Hoxe, como entón, non deberiamos esquecer que a nosa lingua é un patrimonio que todos debemos preservar. Con ese ánimo, compartimos convosco, aquela mesma felicitación de Nadal de 1964-1965, cando O […]
O 10 de decembro, en Portas Ártabras e organizada por O Facho, puidemos asistir á charla de María Fandiño Iglesias, titulada “Paisaxes de encontro: o deseño do espazo público dende o territorio”. María, arquitecta e paisaxista viguesa nada en 1989, é coñecida pola súa visión integradora da arquitectura coa paisaxe. […]
O ano 1968 foi un punto de inflexión na historia mundial, marcado por un anhelo de cambio e xustiza social. En Galicia, este espírito de renovación atopou eco nas actividades de O Facho, unha organización comprometida coa lingua e a cultura galega. A pesar do férreo control das autoridades sobre […]