O equipo de ofacho.com deséxavos unhas boas festas e aproveita para convidarvos a botar unha ollada á nosa historia. Hoxe, como entón, non deberiamos esquecer que a nosa lingua é un patrimonio que todos debemos preservar.
Con ese ánimo, compartimos convosco, aquela mesma felicitación de Nadal de 1964-1965, cando O Facho usou como tarxeta de Nadal un fermoso debuxo de Villar Chao e unha panxoliña anónima considerado a primeira panxoliña en galego da que se ten noticia.
“Ledicias no Nadal e venturoso Aninovo”

¡Ail, se noso Deus galego se fase,
vamos a cantar a chociña en que nace.
Ail, se a súa mai é de Compostela,
vamos a cantar fermosa galega.
Todo galeguiño toque churumbela,
que o meniño belo é da nosa terra.
Façámoslle todos a dança galega,
que está desnudiño e chora e trema.
Pois nace en Galiza á falda da serra,
galego se fase, é da nosa terra.