Recuperados en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO e
nos que participaron ou gañaron moitos dos escritores e escritoras que hoxe fan posíbel con a súa
obra unha literatura galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, realizase a
convocatoria para 2023 do Concurso Literario de “Contos de Nenos para Nenos”
BASES DO CONCURSO
PRIMEIRA: PARTICIPANTES:
- Poderán participar rapaces e raparigas que presenten as súas obras en Lingua galega en calquera
das tres normas ortográficas (RAG, Eo-Naviego, Reintegrado, Lusófona).
CATEGORÍA A: Nenos e nenas de 9 a 12 anos
CATEGORÍA B: Rapaces e raparigas de 13 a 16 anos
- Os traballos presentados deberán ser:
• orixinais e inéditos en toda a súa extensión
• non teren sido premiados en calquera outro concurso ou certame literario e
• os seus dereitos de publicación podan ser cedidos à Asociación Cultural O FACHO por
período de cinco anos contados a partir do día do fallo do xurado. - A participación neste Concurso implica a aceptación das presentes bases.
SEGUNDA: PREMIOS
- En cada categoría existirán dous premios en metálico coa seguinte dotación económica:
CATEGORÍA A | CATEGORÍA B | |
1º PREMIO | 500€ | 500€ |
2º PREMIO | 300€ | 300€ |
TERCEIRA: PRESENTACIÓN DOS CONTOS:
- Poderá facerse individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos, por:
a) Correo electrónico: ofacho@ofacho.com
b) Correo postal dirixido à: Asociación Cultural O FACHO, Apartado de Correos n.º 46,
Oficina Principal. - No caso en que sexan os centros escolares os que presenten os orixinais ao Concurso, deberán
facer unha pre-selección dun máximo de dous traballos por categoría, calquera outro terá que
ser presentado individualmente. - Cada autor só poderá presentar unha obra atendo-se aos seguintes limites de extensión:
Categoría A: Un máximo de cinco folios
Categoría B: Un máximo de dez folios - As obras haberen de se presentar por triplicado, manuscritas ou mediante editores de texto,
encadernadas ou grampadas e levarán por detrás do último folio os seguintes dados:
Nome e apelidos do autor/a.
Enderezo e telefone. Correo electrónico.
Centro onde cursa os seus estudos.
Categoría na que participa.
CUARTA: XURADO
- Os premios serán escollidos por un xurado designado pola Asociación Cultural O Facho.
- Para alén da orixinalidade literaria, o xurado valorará a riqueza lingüística e o coñecemento
gramatical reflectido nas obras. - O xurado poderá declarar deserto un ou varios dos premios do concurso e será o que deberá
resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así
cono as dubidas na súa interpretación. - O fallo do Xurado publicarase no mes de Maio.
QUINTA: PRAZO DE ADMISIÓN
- prazo de admisión de orixinais finaliza o día 16 de Abril do 2023 ás doce da noite.
Descarga PDF Bases do concurso de Contos de Nenos para Nenos O Facho 2023