Considerando ao noso poeta Manuel Rivas cando asegura que a poesía é o taller “onde nace todo” e co fin de expresar emocións, sentimentos ou reflexións na nosa propia lingua O Facho convoca o concurso de poesía 2023.
É para xente nova que non teña publicado ningún libro individual de poesía, que a obra sexa inédita e non fose premiada con anterioridade en calquera outro concurso ou certame.
O premio é único e consiste na edición da obra premiada pola Editorial MEDULIA.
O prazo de admisión de orixinais remata o día 16 de abril do 2023 ás doce da noite. O fallo do premio farase público no mes de maio.