Asumindo un ano máis como propias as palabras de Juan Ramón Jiménez cando afirmaba que “teatro infantil é aquel que tamén lle gusta aos nenos”, a Agrupación Cultural O FACHO acordou convocar o Concurso de Teatro Infantil, que se rexerá polas seguintes bases:
1º) Poderá optar ao devandito premio calquera persoa, sen restrición, sempre que a obra sexa inédita e escrita en lingua galega, -en calquera norma ortográfica (AGAL, PADRÓN, RAG)- non representada, nin premiada noutros certames.
2º) Estabelécese como premio único de 500 €.
3º) A obra, que non poderá exceder os 80 folios, será presentada por triplicado, en formato DIN A4, a dobre espazo e mecanografados por unha soa cara.
4º) Os orixinais para o Concurso enviaranse por correo á:
– Caixa de Correos n.º 46, Oficina Principal da Coruña.
Presentaranse baixo un lema, que figurará na portada dos textos enviados, e virán acompañados dun sobre fechado que conteña no exterior o lema da obra e, no interior, o nome, apelidos e teléfono do autor ou autora.
5º) O prazo de admisión de orixinais remata o día 16 de abril do 2023 ás doce da noite. O fallo do premio farase público no mes de maio.
6º) Os gañadores serán elixidos por un xurado nomeado pola Asociación Cultural O FACHO. Devandito xurado está composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito teatral galego.
7º) O xurado poderá declarar deserto o premio do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así como as dúbidas que poidan existir na súa interpretación.
8º) A participación neste Certame implica asumir as bases deste.
9º) Os orixinais non premiados poderán ser retirados, no prazo de 30 días, previo correo dirixido ao enderezo postal da Agrupación. No caso de que o autor ou autora non resida na Coruña poderá solicitar que lle sexan enviados por correo postal.
Esta convocatoria entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación nos medios.
Agrupaçom Cultural O Facho
A Coruña, 24 de xaneiro de 2023