Premios literarios O Facho 2024

Premios Literarios da Agrupación Cultural O Facho 2024: Poesía e Teatro Infantil

A seguir detállase polo miúdo a resolución dos concursos anuais de poesía
e teatro da Agrupación Cultural O Facho
:

Concurso de Teatro Infantil O Facho 2024

Obra gañadora: Xoguetes e brinquedos
Autora: Raquel Castro Martínez

O xurado, composto por Manuel Lourenzo, Carmen Martínez e Diana Varela Puñal,
valorou na peza teatral a adecuación ao público ao que vai dirixida, a súa estrutura,
cunha proposta nunha constructio acaída, a calidade da lingua empregada, os toques
futuristas e filosóficos que a dotan de modernidade e a súa estética fermosa fóra de
tópicos, entre outras calidades.


Raquel Castro Martínez, licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Hispánica pola
Universidade de Santiago de Compostela, é unha profesora e escritora galega nada en
Alxén (Salvaterra de Miño). Profesora de Lingua Galega e Literatura en educación
secundaria. Fundou en 1999 a Asociación Teatral de Alxén, da que é presidenta e
comezou a dirixir o grupo de teatro Ata Sempre de Alxén de dita asociación. Escribe as
pezas dos dous grupos que pertencen á asociación, infantil e adultos. No IES Ribeira do
Louro, onde traballa, coordina o Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro que se convoca
en colaboración coa Editorial Galaxia e o Concello do Porriño. Neste mesmo centro
coordina un grupo de teatro de alumnado da ESO.


Obra publicada:

Teatro

Entre fadas e lobos andamos todos (Meubook, 2013), Nunca nevou que non escampase
(Meubook, 2012), A meiga e o emperador (Fervenza, 2015), A vendedora de palabras
(Fervenza, 2015), As terapias da doutora Ledicia (Galaxia, 2016), A princesa e o labrego
(Fervenza, 2017), A formiga fóra do carreiro (Galaxia, 2018), Dormente (Galaxia, 2021),
Planeta Bugallo (Galaxia, 2022).

Narrativa

Bestiario doméstico (Galaxia, 2017), Nº atómico 74 (Fervenza, 2017), Sobremesas sobre
versos (Galaxia, 2023)
Obtivo o Premio Simbad de Literatura infantil para o Recordo e o Alzheimer en 2022,
gañadora no VI Torneo de Dramaturxia da MITCF de Cangas en 2022, Lista OEPLI 2022,
2021, 2019, Premio de Honra no premio Estornela de Teatro 2014, Premio de relato
curto Francisco Fernández del Riego 1997, Premio Igualando a lingua de relato curto
do Concello de Cee 2014, entre outros.

Concurso de Poesía O Facho 2024

Obra gañadora: A voz das anemones
Autor: Esteban Sanesteban Beceiro

O xurado, composto por Xulio López Valcárcel, Henrique Sánchez Rodríguez e Fernando
Díaz-Castroverde, valorou as súas calidades poéticas, o crebacabezas estrutural con
versos atinados, a orixinalidade dos textos, as subxacentes historias de temática variada
e a lectura existencial, entre outros.

Nota. O xurado quere facer mención tamén á obra presentada ao concurso Aos quatro
ventos. Poética de fronteira 2018-2023, que, se ben non resultou gañadora, ten os seus
valores literarios e anima ao seu autor/a a seguir escribindo.
Esteban Sanesteban Beceiro, neurólogo de profesión, naceu en Ferrol hai 33 anos e
estudou no IES Concepción Arenal desta cidade. Despois licenciouse en Medicina na
Universidade Autónoma de Barcelona, realizou o seu doutoramento na Universidade de
Heidelberg na Alemaña e especializouse en Neuroloxía en Madrid, cidade en que
traballa actualmente como neurólogo.

DESCARGAR RESOLUCIÓN COMO ARQUIVO PDF

Noraboa a todos os premiados nestes certames.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *