O 17 de xuño, o Circo de Artesáns da Coruña acolleu unha emotiva homenaxe a José María Monterroso Devesa, organizada por amigos e entidades culturais como Alexandre Bóveda, O Facho, a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia e o propio Circo. Nun ambiente próximo e cun salón cheo, Pura […]
Amosar: Eventos
O vindeiro martes 17 de xuño, ás 19.30 h, o local do Circo de Artesáns acollerá un acto de homenaxe a José-María Monterroso Devesa, organizado por amizades persoais e diversas entidades culturais da cidade: A.C. Alexandre Bóveda, Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, Circo de Artesáns e A.C. O […]
O pasado 27 de maio, O Facho organizou unha palestra a cargo de Francisco Ascón Belver, animador sociocultural, activista e escritor, co título: “A Coruña, 1901: un retrato a chumbo e sangue”. O acto celebrouse, como é costume, no Espazo Cultural Portas Ártabras —sito na rúa Sinagoga nº 22, baixo, […]
Este 17 de maio celébrase un Día das Letras Galegas moi especial: dedicado á lírica popular e ás cantareiras, esas mulleres que transmitiron de xeración en xeración un dos tesouros máis valiosos da nosa cultura. A idea, tan necesaria como fermosa, foi desenvolvida por Antón Santamarina, membro da Real Academia […]
O pasado 13 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas 2025, O Facho organizou unha palestra pública a cargo do profesor e investigador da música tradicional galega Manuel Rico Verea, baixo o título: Día das letras galegas 2025: A historiografía dos cancioneiros de música tradicional de Galicia O […]
O Facho conmemorou o Día das Letras Galegas 2025 con dous actos culturais abertos á cidadanía. O primeiro tivo lugar o pasado sábado, 10 de maio, ás 11 da mañá, diante do Monumento a Curros Enríquez, situado no Xardín de Méndez Núñez da Coruña. Alí realízouse unha ofrenda floral en […]
Agrupación Cultural O Facho participou o pasado 26 de abril no acto público celebrado en Carral, ante o monumento “Aos Mártirs dá Liberdade”, con motivo do 179º aniversario dos fusilamentos dos doce militares que, en 1846, subleváronse en distintos puntos de Galicia contra o goberno do presidente Narváez e foron […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras Públicas do segundo trimestre de 2025. O escritor Rafael Lema Mouzo impartirá unha palestra co título: Costa da Morte, un país de soños e naufraxios Data: O vindeiro 6 de maio, martes Hora: ás 8 do serán […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2025. O vindeiro día 22 de abril, o historiador Carlos Pereira Martínez impartirá unha palestra co título: Luces da heterodoxia: mulleres espiritistas e teósofas en Galicia (1875-1936) Data: 22 de abril, martes Hora: ás 8 […]
Nunha conferencia pausada e perfectamente sincronizada, os arquitectos e profesores Henrique Seoane Prado e Ángeles Santos Vázquez guiáronnos pola paisaxe hídrica de Galicia, destacando a importancia da auga na configuración do territorio e os asentamentos humanos. Desde o inicio, os relatores lembraron ao seu mestre Manuel Gallego Jorreto, quen xa […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras Públicas do primeiro trimestre de 2025. Data: 25 de marzo, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa Palestra dos arquitectos e profesores […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras Públicas do primeiro trimestre de 2025. A profesora e escritora Celia M. Armas García impartirá unha palestra co título: Rosalía de Castro e as escritoras na Galiza do SXIX Data: 18 de marzo, martes Hora: ás 8 do serán […]
Manuel María escribiu que “recibimos a lingua en usufruto e temos a obriga de conservala e mellorala se queremos seguir chamándonos galegas e galegos”. A plataforma Queremos Galego, apoiada por máis de 600 colectivos, convoca unha marcha o Día de Rosalía para esixir medidas urxentes en defensa do galego. A […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración deste acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025. A escritora e académica Marilar Aleixandre impartirá unha palestra co título: “Concha Arenal: a muller afouta“ Data: 25 de febreiro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto: O vindeiro venres 14 de febreiro, ás 19:30, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, da que O Facho forma parte, inaugurará unha exposición retrospectiva sobre Pepe Carreiro dentro da súa programación de actividades para o ano 2025. […]
O pasado 4 de febreiro celebrouse en Portas Ártabras, organizada por O Facho, unha palestra a cargo de Antón F. Malde titulada “Os camiños do poder: cambios na rede viaria e a organización territorial”. Durante a súa intervención, Malde explicou como os cambios de poder reflíctense, inevitablemente, na rede viaria. […]
CONCURSO DE TEATRO INFANTIL 2025 CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO Asumindo un ano máis como propias as palabras de Juan RamónJiménez cando afirmaba que “teatro infantil é aquel que tamén lle gustaaos nenos”, a Agrupación Cultural O FACHO acordou convocar oConcurso de Teatro Infantil, que se rexerá polas seguintes […]
CONCURSO DE POESÍA CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO A Agrupación Cultural O FACHO convoca o Concurso de Poesía O Facho 2025, que se rexerá polas seguintes bases: 1º) Ao premio de poesía de O Facho poderá concorrer calquera persoa até os 35 anos de idade e sempre que non publicase […]
O ano 2025 está dedicado en Galicia a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha das figuras máis destacadas da nosa historia contemporánea, como conmemoración dos 75 anos do seu pasamento. Ademais, o 30 de xaneiro, data do seu nacemento, está dedicado ao Día da Ilustración, unha xornada que honra a súa […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho querémosvos informar da palestra do arqueólogo e investigador Antón F. Malde, inicialmente programada para o 28 de xaneiro. A palestra trasládase ao 4 de febreiro debido ás condicións climáticas do día de hoxe. Grazas pola vosa comprensión e agardamos contar convosco na nova data. […]