Palestra:”Os lumes de 2025 e os que han vir. Sen defensa fronte á inacción política”. Pedro Alonso Iglesias

Desde a Agrupación Cultural O Facho  comunicámosvos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primer trimestre de 2026.

O vindeiro día 3 de marzo o naturalista, ecoloxista e licenciado en Ciencias Biolóxicas Pedro Alonso Iglesias pronunciará unha palestra co título:“Os lumes de 2025 e os que han vir. Sen defensa fronte á inacción política”.

Data: 3 de marzo, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar:  Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa

O noso convidado é Pedro Alonso Iglesias (Vigo, 1966). Socio da Sociedade Galega de Historia Natural en 1981, impulsa xunto con varios compañeiros e compañeiras a creación en 1983 da asociación ecoloxista e naturalista ERVA, que permaneceu activa na cidade olívica até 2006 e en Santiago de Compostela desde 2001 até 2010, data na que se disolve. Foi un dos dous representantes ecoloxistas que en 1991 participaron nas reunións da Mesa Forestal organizada pola Dirección Xeral de Montes da Consellería de Agricultura de Tomás Pérez Vidal, encarregada do seguimento institucional da elaboración do Plan Forestal de 1992, e da que se retirarían en protesta pola censura das propostas conservacionistas.

Profisionalmente, en 1993 foi un dos fundadores da empresa de consultoría ambiental Arcea Xestión de Recursos Naturais S.L., coa que desenvolveu diferentes estudos e traballos descritivos e de xestión de especies da fauna e de espazos naturais. Ten unha longa traxectoria na avaliación e seguimento do impacto ambiental de proxectos de enerxías renovábeis, desenvolvendo numerosos traballos dentro da empresa EMAT, S.L., na que tamén impulsou proxectos para a Xunta de Galiza de caracterización da poboación galega de toupeira de agua Galemys pyrenaicus ou de asesoramento na xestión do lobo.

En 2025 publicou o libro A fraga esborrallada. Crónicas naturalistas dacabalo de dous séculos, na Editorial Toxosoutos. Forma parte do colectivo que impulsa o blog de opinión e divulgación sobre incendios e xestión multifuncional do monte IncenDiario.