O pasado 15 de outubro, a agrupación cultural o Facho en Portas Ártabras acolleu a proxección do impactante documental “Altri: a sede insostible”. Este audiovisual, realizado por Elena Martín e Pablo Santiago para Xarda e O Salto Galiza, nos amosa a cara máis escura dun proxecto que ameaza o corazón de Galicia: a instalación dunha fábrica de celulosa e lyocell na Ulloa.
A produción conta co apoio de numerosas asociacións e plataformas que levan tempo loitando en defensa do territorio. A través de entrevistas a expertos e veciños, o documental nos revela as graves consecuencias que terá este proxecto para o medio ambiente e para a economía da zona. A multinacional Altri, en connivencia coa Xunta e Greenalia, pretende apropiarse de millóns de litros de auga diarios, expropiar terras e contaminar o aire con emisións tóxicas. Unha vez máis, as grandes corporacións buscan lucrarse a costa dos recursos naturais e da calidade de vida das comunidades locais.
“Altri: a sede insostible” nos mostra un percorrido pola ruta da auga que a multinacional pretende utilizar, desde a captación en Brocos ata a devolución, tratada e máis quente, en O Sexo. Ao longo destes 20 quilómetros de tubaxes, encontramos centos de fincas expropiadas e unha megafactoría en Palas de Rei que emitirá gases tóxicos á atmosfera. As voces dos veciños nos alertan sobre as consecuencias deste proxecto para o seu día a día e para o futuro das próximas xeracións.
A proxección deste documental en Portas Ártabras foi un éxito e demostrou a preocupación da cidadanía ante esta grave ameaza. É fundamental que sigamos informándonos e movilizándonos para defender o noso territorio e os nosos recursos.