A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña convídavos a asistir á palestra de economía galega titulada “Seguimos precisando industrias?”, que terá lugar o vindeiro venres 9 de febreiro no local de Portas Ártabras. Neste evento Carme García Negro, doutora en economía, profesora e escritora, compartirá as súas ideas e reflexións sobre o futuro económico do noso pais.
Agardamos contar contigo para enriquecer este encontro coa túa presenza.
A palestra celebrarase ás 8 h do serán no local da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia – Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa