Palestra: ” Rosalía de Castro e as escritoras na Galiza do XIX”. Celia María Armas

Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras Públicas do primeiro trimestre de 2025.

A profesora e escritora Celia M. Armas García impartirá unha palestra co título:

Rosalía de Castro e as escritoras na Galiza do SXIX

Data18 de marzo, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa

Celia M. Armas García é profesora de lingua galega e literatura no ensino secundario, secretaria xeral da Mesa Pola Normalización Lingüística e secretaria comarcal de CIG-Ensino. Coautora de varios volumes de investigación sociolingüística (Sobre o racismo lingüístico) e literaria (Escrita e mulleres, No tempo de Follas Novas…) e autora de As mulleres escritoras, 1860-1870O xenio de Rosalía.

Acompañaremos nesta palestra a Celia Armas por un percorrido pola prensa galega de mediados do Século XIX para podermos asistir á chegada das primeiras mulleres escritoras galegas á luz pública, entre as que destaca Rosalía de Castro.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *