Concurso de contos de nenos para nenos 2025

[AMPLIADO O PRAZO]Concurso Nacional de “Contos de Nenos para Nenos” 2025 convocado pola Agrupación Cultural O Facho

Recuperados en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO e
nos que participaron ou gañaron moitos dos escritores e escritoras que hoxe fan posíbel con a súa
obra unha literatura galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, realizase a
convocatoria para 2025 do Concurso Literario de “Contos de Nenos para Nenos”

BASES DO CONCURSO

Descarga o díptico en PDF das bases do concurso de Contos de Nenos para Nenos O Facho 2025

PRIMEIRA: PARTICIPANTES:

  1. Poderán participar rapaces e raparigas que presenten as súas obras en Lingua galega en calquera
    das tres normas ortográficas (RAG, Eo-Naviego, Reintegrado, Lusófona).

    CATEGORÍA A: Nenos e nenas de 9 a 12 anos.

    CATEGORÍA B: Rapaces e raparigas de 13 a 16 anos.
  1. Os traballos presentados deberán ser:

    • orixinais e inéditos en toda a súa extensión
    • non teren sido premiados en calquera outro concurso ou certame literario e
    • os seus dereitos de publicación podan ser cedidos à Asociación Cultural O FACHO por
    período de cinco anos contados a partir do día do fallo do xurado.
  2. A participación neste Concurso implica a aceptación das presentes bases.

SEGUNDA: PREMIOS

  1. En cada categoría existirán dous premios en metálico coa seguinte dotación económica:
CATEGORÍA ACATEGORÍA B
1º PREMIO500€500€
2º PREMIO300€300€

TERCEIRA: PRESENTACIÓN DOS CONTOS:

Poderá facerse individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos, por:

  • Correo electrónico: ofacho@ofacho.com
  • Correo postal dirixido à: Asociación Cultural O FACHO, Apartado de Correos n.o 46,Oficina Principal.

2. No caso en que sexan os centros escolares os que presenten os orixinais ao Concurso,
deberán facer unha pre-selección dun máximo de dous traballos por categoría,
calquera outro terá que ser presentado individualmente.

3. Cada autor só poderá presentar unha obra atendo-se aos seguintes “límites de
extensión” dos contos:

  • Categoría A: Máximo de cinco folios
  • Categoría B: Máximo de dez folios

4.As obras se presentarán por triplicado, manuscritas ou mediante editores de texto, encadernadas ou grampadas e levarán por detrás do último folio os seguintes

DATOS:

  • Nome e apelidos do autor/a.
  • Enderezo e telefono. Correo electrónico.
  • Centro onde cursa os seus estudos.
  • Categoría na que participa (A ou B).

CUARTA: XURADO

1.Os premios serán escollidos por un xurado designado pola Asociación Cultural O Facho.

2.Alén da orixinalidade literaria, o xurado valorará a riqueza lingüística e o coñecemento gramatical reflectido nas obras.

3.O xurado poderá declarar deserto un ou varios dos premios do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así cono as dubidas na súa interpretación.

4.O fallo do Xurado publicarase no mes de Maio.

QUINTA: PRAZO DE ADMISIÓN

1.prazo de admisión de orixinais finaliza o día 1 de maio do 2025 ás doce da noite. [AMPLIADO O PRAZO ATA O 8 DE MAIO]

Coruña, Marzo de 2025

Cartaz concurso contos O Facho 2025

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *