Homenaxe a José-María Monterroso Devesa na Coruña

O 17 de xuño, o Circo de Artesáns da Coruña acolleu unha emotiva homenaxe a José María Monterroso Devesa, organizada por amigos e entidades culturais como Alexandre Bóveda, O Facho, a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia e o propio Circo.

Nun ambiente próximo e cun salón cheo, Pura Tejelo conduciu o acto, no que interviñeron Luís Pérez, Aurora Marcos, Siro e Felipe Senén. Todos destacaron o seu vínculo persoal con Monterroso e a súa traxectoria como dinamizador da cultura e lingua galegas, así como o seu papel como ponte entre Galicia e Uruguai, países que sente como propios.

Como agasallo recibio un bonito e sinxelo ramo de flores silvestres e unha caricatura de Siro.

Na súa resposta José María deu as gracias, emocionado, e obsequiou a todos os presentes con un Breve Manifesto Persoal Pro-Palestina Libre e Inteira.