O vindeiro martes 17 de xuño, ás 19.30 h, o local do Circo de Artesáns acollerá un acto de homenaxe a José-María Monterroso Devesa, organizado por amizades persoais e diversas entidades culturais da cidade: A.C. Alexandre Bóveda, Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, Circo de Artesáns e A.C. O Facho.
Escritor, poeta, articulista e activista cultural, Monterroso destaca polo seu labor na recuperación da memoria histórica e na divulgación do patrimonio galego. Foi presidente da A.C. O Facho e cofundador da AELG e da AGAL. É un dos principais investigadores da xenealoxía galega na emigración, especialmente na Arxentina e o Uruguai, e membro do Patronato da Cultura Galega de Montevideo.
Promotor de iniciativas como os itinerarios literarios do cemiterio de San Amaro, tamén desenvolveu un amplo labor na radio, prensa e ámbitos académicos, sempre tendendo pontes entre Galiza e o Uruguai, países que comparte como fogar.
Intervirán: Siro López, Aurora Marco, Luís Pérez, Felipe Senén e Pura Tejelo.
A entrada é libre ata completar capacidade.
DATOS DO EVENTO
Data: Martes, 17 Xuño 2025
Hora: 19:30
Lugar: Circo de Artesáns – Rúa Santo André, 36 – 15003 A Coruña