Palestra:”Rutas de poder: camiños antigos e organización do territorio”. Antón Fernández Malde.

Desde a Agrupación Cultural O Facho querémosvos informar da palestra do arqueólogo e investigador Antón F. Malde, inicialmente programada para o 28 de xaneiro. A palestra trasládase ao 4 de febreiro debido ás condicións climáticas do día de hoxe. Grazas pola vosa comprensión e agardamos contar convosco na nova data.

Celebración  do seguinte acto, dentro das palestras públicas do primeiro trimestre de 2025.

O vindeiro dia 4 de febreiro  Antón F. Malde impartirá unha palestra co título:

“Rutas de poder: camiños antigos e organización do territorio”

Data: 4 de febreiro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña

Contido da palestra:

Os cambios do poder vanse ver reflectidos en variacións na rede viaria (nos camiños) que, a súa vez, están a indicar cambios na estrutura de organización do territorio. Dito de outra maneira, os cambios na rede de camiños está a indicar unha distinta pauta de organización do territorio relacionada con cambios no poder.

Certamente, o traxecto dos camiños antigos están moi condicionado polas condicións xeográficas. Así, grandes formacións naturais impiden o tránsito mentres que noutros casos a súa ausencia facilitan a circulación (corredores naturais utilizados de forma histórica).

Porén, os camiños antigos non son simples condutos de desprazamento. A rede viaria é unha peza importante da organización do territorio. A estrutura de poder determina que lugares son relevantes, e por tanto para onde deben ir os camiños. Os cambios na rede viaria poden estar a relacionados con mudanzas na estrutura de poder.

Indo á realidade, temos escoitado dicir que os camiños medievais son unha continuidade das vías romanas. É unha verdade a medias. Efectivamente, coñecemos o traxecto de algunhas vías romanas analizando, entre outras, a traza dos camiños medievais. Pero as veces hai cambios substanciais. Nesta charla imos analizar varios casos novidosos nos que estamos a traballar, nomeadamente na zona do Monte do Gato.

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *