O vindeiro xoves día 23, en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e o Circo de Artesáns, organizamos unha mesa informativa sobre o intento da multinacional ALTRI de instalar no corazón de Galiza, nas comarcas da Ulloa e Terra de Melide, unha macrocelulosa cun brutal impacto negativo tanto ambiental como socioeconómico. De ser instalada afectará ríos, medio natural, actividade agrogandeira e a un ben patrimonial, o Camiño de Santiago. As consecuencias contaminantes chegarían até a ría de Arousa. A pasteira de ALTRI representaría a aniquilación dunha economía que se sustenta nos grandes sectores lácteos e pesqueiros e que actualmente é o sustento de miles de familias.
Organizamos esta mesa informativa porque cómpre informarse e mobilizarse porque precisamos que se asenten industrias no noso país pero non a costa da saúde e do futuro de toda unha comarca.
Data: xoves 23 de xaneiro
Hora: ás 19:30 do serán
Lugar: no local do Circo de Artesáns rúa Santo André, 36
Participarán:
Soqui Cea, mestra, veciña de Melide
Alexandre Regueiro, de ADEGA
Bernardo Valdés, profesor de Economía da USC
Xulio Fernández Carnero, traballador do SLG