O pasado 9 de maio, O Facho celebrou o Día das Letras Galegas cunha pequena ofrenda floral diante da estatua de Manuel Curros Enríquez.
Durante esta homenaxe lévase a cabo a lectura de poemas elixidos polas persoas participantes.
Nesta ocasión escoitáronse uns versos do Canto General, de Pablo Neruda; Beira Norte, de Xavier Rodríguez Baixeras; Veñen roubarlles o derradeiro anaco de terra, de Laura Rey; e un poema dedicado a Luciano Puga Blanco que lembra a condena recibida por Curros tras a publicación de Aires da miña terra e a defensa que do poeta realizou Luciano Puga na Audiencia da Coruña.
Este ano foi especial, xa que o Concello decidiu celebrar nos Cantóns de Méndez Núñez o Día da Ciencia.
O amplo espazo situado diante da impresionante estatua de Francisco Asorey encheuse de ciencia e, seguramente, Curros, desde a súa mirada pétrea, observaba a mocidade galega con admiración, satisfeito de vela participar dunha maneira activa no coñecemento científico.




