Premios Literarios da Agrupación Cultural O Facho 2026. Concurso de Teatro Infantil Manuel Lourenzo e Poesía

A seguir detállase polo miúdo a resolución dos concursos anuais de poesía e teatro da Agrupación Cultural O Facho:

Concurso de Teatro Infantil Manuel Lourenzo 2026

Obra gañadora: Biosbardos, Trasniños e outros seres moi riquiños

Autor: Carlos Labraña

O xurado, composto por Daniel Otero Ramos, Carmen Martínez Mosquera e Diana
Varela Puñal, valorou a temática lúdica da proposta moi axeitada para se representar,
a diversidade de personaxes fantásticos que promoven a imaxinación, o seu colorismo
e a linguaxe sinxela doada para chegar ao público, entre outras calidades.
Alén diso, é desexo do xurado agradecer a participación dos concursantes, o nivel dos
traballos presentados, o coidado da lingua e a variedade de textos que achegan
frescura á creación teatral

Carlos Labraña, nado en Cedeira (A Coruña) en 1969. É un dos dramaturgos con maior
número de obras editadas da literatura dramática en galego, as cales adoitan lerse e
representarse nas escolas, como Indo para o Samaín, Estrelamor ou O apalpador.
Especializado en teatro infantil, gañou numerosos premios neste eido como o Manuel
María, O Facho ou o Estornela. Nos seus comezos, as súas obras estaban cheas de
aventuras e fantasía, das cales podemos salientar O segredo de Daniel (1988), A escada
(1994) ou Os sons da buguina (2008). Andando o tempo, a súa escrita evolucionou cara
a temas máis sociais como Moito Morro Corporation Sociedade Ilimitada (Premio de
Teatro do Libro Galego, 2017), unha crítica aceda sobre a crise económica; Estrelecer,
peza de misterio con reivindicación feminista (lecturas dramatizadas da SGAE); O valo (Xerais, 2017) sobre o drama dos refuxiados; ou Mambrú volveu da guerra, sobre a
memoria histórica democrática (Premio SGAE de teatro infantil 2022). No ano 2016
fundou a compañía de teatro Os Furabolos, onde desenvolve tamén as súas facetas
como actor e director.

Agrupación Cultural O Facho

A Coruña, 17 de maio de 2026

Descargar bases en formato PDF

Concurso de Poesía O Facho 2026

Obra gañadora: O PREMIO FOI DECLARADO DESERTO

O xurado, composto por Xulio López Valcárcel, Henrique Sánchez Rodríguez e Fernando Díaz-Castroverde, declarou o premio deserto.

Agrupación Cultural O Facho    

A Coruña, 17 de maio de 2026

Descargar bases en formato PDF