Homenaxe a Manuel Lourenzo

Agrupación Cultural O Facho rende homenaxe a Manuel Lourenzo, figura esencial do noso teatro e creador, xunto con Francisco Pillado, do Grupo de Teatro O Facho en 1965, iniciativa considerada o inicio do teatro independente en Galicia. Ademais, participou activamente na vida cultural da entidade como xurado dos premios do noso Concurso de Teatro, contribuíndo a apoiar novas voces e proxectos.

A partir desta primeira etapa, Manolo Lourenzo desenvolveu unha traxectoria excepcional como dramaturgo, actor, mestre e impulsor de propostas fundamentais como o Teatro Circo, a Escola Dramática Galega ou Casahamlet, cunha obra inmensa e recoñecida —incluíndo o Premio Nacional de Literatura Dramática—.

Data: 20 de novembro, xoves

Hora: ás 8 do serán

Lugar:  Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa