O 10 de decembro, en Portas Ártabras e organizada por O Facho, puidemos asistir á charla de María Fandiño Iglesias, titulada “Paisaxes de encontro: o deseño do espazo público dende o territorio”.
María, arquitecta e paisaxista viguesa nada en 1989, é coñecida pola súa visión integradora da arquitectura coa paisaxe. Durante a súa intervención, presentou tres dos seus proxectos máis destacados: A Explanada do Horizonte, Praza do Campo e A Ponte do río Vilar.
Cun estilo claro e próximo, apoiándose en imaxes que acompañaban a súa explicación, María mostrounos a súa forma de entender o deseño de espazos públicos, sempre en harmonía coa planificación territorial e a paisaxe que os rodea.
Na Explanada do Horizonte, situada entre o Atlántico e a Serra dá Groba, o obxectivo principal era recuperar a memoria do lugar e rexenerar un ecosistema deteriorado. Para iso, o propio espazo convértese na ferramenta principal. Analizando aspectos como a topografía, as drenaxes, a vexetación, as proporcións e os materiais, búscase redibujar a paisaxe e devolverlle o seu equilibrio natural. Tamén teñen un papel importante os axentes sociais: persoas que achegan os seus recordos e describen como era ese espazo, así como a relación social que desempeñaba no pasado
Doutra banda, na Praza do Campo, María pon o foco na estrutura social da contorna, estudando a súa evolución e como pode recuperarse a súa función social, adaptándoa ás necesidades actuais. Os axentes sociais colaboraron dunha forma moi activa.
Coa mesma estratexia traballa na ponte do Rio Villar, en pleno Camiño de Santiago
María Fandiño combina a investigación e a docencia coa súa práctica profesional, centrada no deseño de espazos públicos, a planificación territorial e a paisaxe. O seu traballo foi recoñecido con importantes premios, como o Premio Nacional de Arquitectura do CSCAE 2022 na categoría de Sustentabilidade e Saúde, o Premio COAG 2023 pola Explanada do Horizonte, o Premio Internacional Simonetta Bastelli por Campo Novo e, recentemente, un premio da International Federation of Landscape Architecture por Praza do Campo.