Rosario Soto

Palestra: “A Coruña na boca do pobo (na fraseoloxía, na paremioloxía e no cantigueiro popular)”. Rosario Soto Arias

O pasado 19 de novembro, O Facho organizou en Portas Ártabras a palestra “A Coruña na boca do pobo (na fraseoloxía, na paremioloxía e non cantigueiro popular)” impartida por Rosario Soto Arias

O acto resultou especialmente interesante polo seu contido e porque trataba un tema próximo e querido para os coruñeses presentes.

A lenda formou parte da exposición de Rosario Soto, e así soubemos dunha illa na enseada do Orzán, que desapareceu unha noite de terrible tempestade, explotando como un gran volcán. Tamén coñecemos a variante da cidade asolagada que desapareceu na mesma zona do Orzán.

Personaxes populares, polas súas peculiaridades, da cidade do século pasado, como Marcelino o do Cantón, Cecilio o das gravatas, ou Manolita a do Recheo, paseáronse ante todos nós, recollidos na boca do pobo, con frases como: “ser máis fachendosa que Manolita, a do Recheo.”

Soubemos como o nome da nosa cidade e algúns dos seus barrios reflíctense nas unidades fraseolóxicas galegas, así como no refraneiro e no cancioneiro tradicional. Tamén coñecemos as variantes do nome da Coruña ao longo da historia, ordenadas cronoloxicamente.

Foi toda unha delicia o coñecer ou lembrar unha historia tan nosa.

Mª Rosario Soto Arias, catedrática xubilada de Lingua e Literatura Galegas no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña, publicou diversos artigos sobre fraseología galega nos Cadernos de Fraseoloxía Galega. É autora dos libros Achegas a un dicionario de refráns galego-castelán, castelán-galego (2003) e Díme quen leva ou meu nome (2022), ademais de colaborar como coautora en tres dicionarios fraseolóxicos.

No campo do folclore, escribiu varios artigos, entre os que destaca Dá raíña Lupa e dá tradición Xacobea (2003). O seu interese pola cidade da Coruña reflíctese en dúas colaboracións publicadas na revista Cornide: Garás: aproximación ao topónimo coruñés (2023) e Un manuscrito inédito do s. XIX do Instituto dá  Coruña (2024).

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *