Palestra: “O manexo da auga no territorio de Galicia”. Henrique Seoane Prado e Ánxeles Santos Vázquez

Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras Públicas do primeiro trimestre de 2025.

Data: 25 de marzo, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa

Palestra dos arquitectos e profesores Henrique Seoane Prado e Ángeles Santos Vázquez: O Manexo da auga no territorio de Galicia

Henrique Seoane é membro do Grupo de Investigación “CIDADE E TERRITORIO” da Universidade de A Coruña, ten publicacións de artigos, proxectos e obra realizada en libros e revistas profesionais e académicas. Na actualidade é membro do grupo responsable do” ProxectoTERRA” do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Ángeles Santos é membro do Grupo de Investigación “SISTEMAS CONSTRUCTIVOS E REHABILITACIÓN SICOR” da Universidade de A Coruña. Participou en varios contratos, convenios e proxectos de investigación.

Ambos teñen unha ampla traxectoria de publicación de artigos, proxectos e obra realizada en libros e revistas profesionais e académicas.

A auga, fonte de vida, é o elemento máis importarte para comprender os paisaxes culturais. A súa necesaria movilización mediante o empleo da gravedade conforma territorios mediante un sabio manexo. O ser humano foi capaz de xerar paisaxes habitables e revertir as orixinais condicións negativas naturais en positivas, planteando técnicas de xestión e de funcionamento moi próximas ó ciclo da auga e á natureza.

Estudar estas técnicas descubren as aldeas como “espazos hidráulicos” que manexan a auga do seu territorio. Ponse de relevo un sistema complexo, absolutamente medido e construido segundo a estricta disciplica da auga, xestionada en man comun. Técnicas que revelan un coñecemento riquísimo das condicións locais e dan información para o desenrolo de novas técnicas que incorporen estes sabios principios.”

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *