Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2025. O vindeiro día 22 de abril, o historiador Carlos Pereira Martínez impartirá unha palestra co título: Luces da heterodoxia: mulleres espiritistas e teósofas en Galicia (1875-1936) Data: 22 de abril, martes Hora: ás 8 […]
Clave: Historia
Neste data de celebración, 8M Día da Muller, é importante lembrar que esta conmemoración ten unha longa historia, con raíces no século XIX, como foi a folga levado a cabo polas cigarreras da Real Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857. O ano 1975 foi tamén un ano significativo para […]
O 25 de outubro de 1919, na Coruña, Alfonso D. Rodríguez Castelao impartiu unha conferencia titulada “Arte e galeguismo” no Círculo de Artesáns, convidado pola Irmandades da Fala. Fíxoo en galego e comezou con estas palabras: “Cumprindo un deber de outo patriotismo, ou mellor dito aínda, dun matriotismo que aceso […]
O ano 2025 está dedicado en Galicia a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha das figuras máis destacadas da nosa historia contemporánea, como conmemoración dos 75 anos do seu pasamento. Ademais, o 30 de xaneiro, data do seu nacemento, está dedicado ao Día da Ilustración, unha xornada que honra a súa […]
O equipo de ofacho.com deséxavos unhas boas festas e aproveita para convidarvos a botar unha ollada á nosa historia. Hoxe, como entón, non deberiamos esquecer que a nosa lingua é un patrimonio que todos debemos preservar. Con ese ánimo, compartimos convosco, aquela mesma felicitación de Nadal de 1964-1965, cando O […]
O ano 1968 foi un punto de inflexión na historia mundial, marcado por un anhelo de cambio e xustiza social. En Galicia, este espírito de renovación atopou eco nas actividades de O Facho, unha organización comprometida coa lingua e a cultura galega. A pesar do férreo control das autoridades sobre […]
O pasado 19 de decembro, no local de Portas Ártabras, O Facho conmemorou os seus 60 anos como faro luminoso na defensa da cultura e lingua galegas. Na celebración, contamos coa presenza de Xulio López Valcárcel, quen compartiu as súas vivencias durante o seu mandato como presidente entre 1984 e […]
Esta infografía destaca aos presidentes que, ao longo de 60 anos, representaron ao Facho. En diferentes etapas, cada un deles traballou coas súas respectivas xuntas directivas pola defensa da lingua e da cultura galega desde a fundación ata hoxe GRAZAS
Xosé Alberte Corral Iglesias é sócio fundador e actual presidente da Agrupaçom Cultural O Facho. Desde a sua fundaçom, en 1963, e convencido da importância da sua labor em defensa da língua e da cultura galega, ocupa nela diferentes cargos diretivos. É Professor Mercantil pola Escola de Comercio de A […]
Na primavera de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron, mediante un escrito, a Real Academia Galega a celebración do Día das Letras Galegas. Nese mesmo ano en […]
Manuel Lourenzo, actor, director teatral, investigador, dramaturgo, conferenciante, dinamizador de diferentes iniciativas teatrais e membro de honra da Academia Galega de Teatro, a quen os máis novos coñecerán seguramente por dar vida a Melgacho, na serie Mareas Vivas, ou a Vicente Otero ‘Terito’ na serie Fariña, ten unha longa, ben […]
“A galiña azul”, foi o conto co que o seu autor, Carlos Casares Mouriño, ganou o premio na primeira edición do Concurso de Contos infantís O Facho. Foi premiado no ano 1968 e publicado neste mesmo ano sendo un éxito sen precedentes para o público miudo. Baixo un formato de […]