A laranxa máis laranxa Premio Teatro O Facho

1972: I Concurso de Teatro Infantil do Facho

As laranxas mais laranxas de todas as laranxas”, de Carlos Casares, foi a obra gañadora do I Concurso de Teatro Infantil do Facho

Polo ano 1972, O Facho, coa finalidade de celebrar os seus dez anos de vida como agrupación cultural, propuxo crear un concurso de teatro infantil en galego, ata eses momentos inexistente. Unha convocatoria que tivo gran acollida e alta participación.

Non era a primeira vez que Carlos Casares, esta vez baixo o pseudónimo de Ervedelo, daba unha badalada cunha peza infantil; a súa galiña azul, que gañou o I Concurso de Contos Infantís do Facho, conseguía entrar na literatura para rapazas e rapaces pola porta grande e foi unha das súas obras mais populares, converténdose nun precursor da literatura infantil en galego.

Nunha entrevista na  Voz de Galicia de Ourense sobre este premio de teatro, Carlos Casares afirmaba: «Hai anos presenteime ó premio O Facho de contos, que gañei con ‘A galiña azul’, porque había un tipo de contos que non gustábame. Ou motivo foi semellante agora» e presentaba “ As Laranxas” como  «unha fantasía a partir dá realidade, onde as cousas adquiren unha dimensión desusada».

Anxa Carlos Casares

O xurado de este I Concurso de Teatro Infantil en galego  estaba composto por personalidades moi importantes dentro da cultura galega:  Rafael Dieste González, Ramón Piñeiro, Jenaro Mariñas del Valle, Valentín Arias López, Antonio Concheiro Caamaño e Manolo Caamaño, presidente da Agrupación. 

O premio levaba unha contía de 25000 pesetas e foi representado polo Grupo de Teatro do Facho, dirixido por Xosé Manuel Rabón Lamas, na I Mostra de Teatro Galego, organizada pola Agrupación Cultural Abrente, o 27 de maio de 1973.

Esta peza foi editada por Editorial Galaxia con debuxos de Luis Seoane.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *