Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2024.
O vindeiro dia 5 de marzo o arqueólogo e investigador Antón Fernández Malde, impartirá unha palestra co título:
Entorno a unha lenda: o Castelo de Teodomiro
Data: 5 de marzo, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña
Antón F. Malde foi presidente da AC O Facho. Nos anos 80 deu a coñecer a riqueza patrimonial do Monte do Gato que segue a sorprender coa aparición do chamado Castelo de Teodomiro, coa aplicación das modernas técnicas de detección, nun contexto arqueolóxico moi interesante e pouco coñecido.
Ten sido o director das intervencións arqueolóxicas na Pena Furada, Torre dos Mouros ou nos Castros das Travesas e Mallou (entre outros) onde a participación pública e a divulgación foron esenciais.
Agardamos contar contigo para enriquecer este encontro coa túa presenza.
A palestra celebrarase ás 8 h do serán no local da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia – Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa