Felipe Senén López-O Museo Galego de Arte Contemporaneo Carlos Maside: Estado da cuestión

O pasado 16 de xaneiro, Felipe Senén, historiador da cultura galega e colaborador en moitas iniciativas con Isaac Díaz Pardo, analizou nunha palestra organizada pola Agrupación Cultural O Facho, a proposta de declaración de BIC presentada pola Xunta, mesmo mudando o nome e os principios históricos, éticos e estéticos que o singularizan e que arrancan do Laboratorio de Formas, institución herdeira do sentir do Seminario de Estudos Galegos.

Laboratorio de Formas que era soporte teórico das Industrias da Memoria; cerámicas e editorial do Castro, de Sargadelos, do Instituto Galego da Información, así como do Museo Galego de Arte Contemporánea, institucións onde Seoane e Díaz Pardo foron claves, sobrevivindo e, pese a todo, con gran actividade na ditadura. Todas elas motores da contemporaneidade, de ideas en dialéctica que non deberan prescribir.

A palestra celebrouse no local da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia – Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa