O pasado 20 de maio, dentro do programa de palestras organizadas polo Facho para 2022, tivemos o pracer de contar co profesor Miro Villar que, presentado por Henrique Sánchez, fixo todo un exercicio de divulgación, ameno, didáctico e moi ben documentado, sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán, a quen estivo dedicado o Día das Letras Galegas 2022
Baixo o título “Florencio Delgado Gurriarán como poeta do exilio en México”, foi tecendo o entramado onde se entrecruzan a obra lírica e erótica do valdeorrés, copilada no libro Bebedeiras, a poesía de loita e defensa da lingua galega e o seu compromiso belixerante contra o fascismo, recollida por ejemplo no libro O Soño do Guieiro.
Aínda quedáronlle fíos para falar de mulleres non moi coñecidas, e que merecen seguro ser estudadas, como Pura Vázquez, a súa irmá Dora e Filomena Dato Muruais. Achegounos tamén ás figuras de exiliados galegos en Méjico que, xunto con Florencio, mantiñan a nosa lingua e cultura no país de acolleita. Unha realidade, a mexicana, que por outra banda, e como pode verse na poesía recolleita no libro Galicia Infinda e nas revistas Saudade e Vieiros, escritas non exilio, Florencio nunca deixo de admirar. Para nós foi un relatorio moi enriquecedor e só podemos agradecer a Miro a súa participación.