O pasado 9 de maio, O Facho celebrou o Día das Letras Galegas cunha pequena ofrenda floral diante da estatua de Manuel Curros Enríquez. Durante esta homenaxe lévase a cabo a lectura de poemas elixidos polas persoas participantes. Nesta ocasión escoitáronse uns versos do Canto General, de Pablo Neruda; […]
Arquivos anuais: 2026
A seguir detállase polo miúdo a resolución dos concursos anuais de poesía e teatro da Agrupación Cultural O Facho: Concurso de Teatro Infantil Manuel Lourenzo 2026 Obra gañadora: Biosbardos, Trasniños e outros seres moi riquiños Autor: Carlos Labraña O xurado, composto por Daniel Otero Ramos, Carmen Martínez Mosquera e DianaVarela […]
O pasado 19 de maio asistimos en Portas Ártabras á palestra de Ramón Nicolás, biógrafo de Begoña Caamaño, autora á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Coa precisión dun cartógrafo e a proximidade de quen coñece ben o territorio que percorre, Ramón Nicolás foi trazando […]
A dedicación do Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño recoñece unha autora que fixo do feminismo unha parte esencial da súa vida e da súa obra. Xornalista, activista cultural e escritora comprometida, empregou a literatura como unha ferramenta para cuestionar os relatos tradicionais e reivindicar o papel das […]
O pasado 26 de abril ás 12:00 h, a plataforma social Vía Galega —da que A.C. O Facho forma parte— celebrou en Carral un novo acto público en homenaxe aos Mártires de Carral, coincidindo co seu 180 aniversario. Este encontro de lembranza e reivindicación busca recuperar unha parte fundamental da […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2026. O vindeiro dia 14 de abril terá lugar unha actuación musical dos compoñentes do grupo A Quenlla Paloma Suanzes, Leire Barbadillo, Manuel Dopico e Baldomero Iglesias (Mero) Data: 14 de […]
O Facho lamenta fondamente o pasamento de Manuel Caamaño Suárez, quen foi presidente da nosa agrupación durante doce anos (1966-1978), nun tempo especialmente complexo e decisivo para a cultura galega. Máis alá das múltiples iniciativas que se desenvolveron baixo a súa presidencia, Manuel Caamaño soubo imprimir ao Facho un espírito […]
O pasado 14 de abril tivemos a oportunidade de asistir a unha palestra con Diego Rodríguez González na que se abordou a figura de Manuel Murguía desde unha perspectiva distinta á máis habitual. Ao longo da intervención presentouse a Murguía como un folklorista atípico, afastado da imaxe do investigador que […]
O 24 de marzo, Portas Ártabras acolleu unha charla do Facho con Henrique Sáez, centrada nunha idea clara: o poder organízase arredor de tres eixes —Estado, diñeiro e palabra—. O Estado, cada vez máis ríxido, tende a favorecer aos máis fortes e debilitar ás clases medias . O diñeiro concentra […]
Recuperados en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO enos que participaron ou gañaron moitos dos escritores e escritoras que hoxe fan posíbel con a súaobra unha literatura galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, realizase aconvocatoria para 2026 do Concurso Literario […]
A celebración do Día da Muller Traballadora, o 8 de marzo, é unha xornada de memoria e de recoñecemento. Tamén no ámbito das asociacións culturais galegas houbo sempre homes e mulleres que traballaron cóbado con cóbado para manter viva a cultura do país en tempos cheos de dificultades. Un exemplo […]
O pasado 24 de febreiro, na sede de Portas Ártabras, tivo lugar unha palestra dedicada á realidade ambiental e social da Serra do Courel, impartida por Orlando Gregorio Álvarez, veciño do Courel, defensor da vida na montaña e dos seus soutos, experimentado castañicultor e profesor xubilado. O relator iniciou a […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primer trimestre de 2026. O vindeiro día 3 de marzo o naturalista, ecoloxista e licenciado en Ciencias Biolóxicas Pedro Alonso Iglesias pronunciará unha palestra co título:“Os lumes de 2025 e os que han vir. Sen defensa fronte á inacción política”. Data: […]
CONCURSO DE TEATRO INFANTIL MANUEL LOURENZO 2026 CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO Con Manuel Lourenzo na nosa memoria e asumindo un ano máis como propias as palabras de Juan Ramón Jiménez cando afirmaba que “teatro infantil é aquel que tamén lle gusta aos nenos”, a Agrupación Cultural O FACHO acordou […]
A Agrupación Cultural O FACHO convoca o Concurso de Poesía O Facho 2026, que se rexerá polas seguintes bases: 1º) Ao premio de poesía de O Facho poderá concorrer calquera persoa até os 35 anos de idade e sempre que non publicase ningún libro individual de poesía e a obra sexa […]
O luns 27 de xaneiro celebrouse en Portas Ártabras a presentación do poemario Autorización do centro da palabra, de Sofía Muñiz, obra gañadora do Premio de Poesía do Facho 2025. No acto participaron a autora, Xulio L. Valcárcel, en representación de Medulia Editorial, Fernando Díaz-Castroverde, membro do xurado, e Henrique […]
Alfonso Losada: un apaixonado divulgador dos viños galegos O pasado 13 de xaneiro asistimos, en Portas Ártabras, á palestra de Alfonso Losada Quiroga sobre as denominacións de orixe dos viños de Galicia e a importancia das variedades autóctonas. Foi un paseo polo viño galego da man de alguén que coñece […]