Palestra: “Eucaliptización: moratoria-trampa, lumes e espazos (des)protexidos”

Desde a Agrupación Cultural O Facho  comunicámosvos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025.

O vindeiro día 25 de novembro, o biólogo Cosme D Romay Cousido impartirá unha palestra co título: Eucaliptización: moratoria-trampa, lumes e espazos (des)protexidos

Data: 25 de novembro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar:  Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa

O biólogo Cosme D. Romay Cousido, especialista en conservación das aves galegas e membro do Grupo Naturalista Hábitat, visitaranos para ofrecer unha charla clave sobre un dos temas ambientais máis urgentes en Galiza: a expansión do eucalipto.

Nesta conferencia, Cosme analizará:

A evolución e extensión das masas de eucaliptos no territorio galego, incluídos os espazos protexidos.

As chamadas moratorias-trampa ás novas plantacións decretadas desde 2021.

A relación entre a eucaliptización e os incendios forestais.

Unha oportunidade excepcional para comprender, con rigor científico, o impacto destas especies exóticas invasoras no noso medio natural.